Tuesday 23 de April de 2024

Alfonso Rueda asiste á 59ª clásica de Pascua-Ruta Xacobea de Padrón da Copa de España de Ciclismo


O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu hoxe á 59ª Clásica de Pascua-Ruta Xacobea con saída e meta no concello de Padrón e que nesta edición clausura e puntúa para a Copa de España Ruta Élite e Sub23 de ciclismo.

Alfonso Rueda seguiu esta competición, organizada polo Club Ciclista Padronés no marco da programación do Xacobeo 21-22, e que pasa por Padrón, Rianxo, Dodro, Santiago de Compostela, Ames, Rois, concellos que tamén atravesa o Camiño de Santiago a través do Camiño Portugués e a Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla.